Logotipo institucional do Ministerio de Facenda Crónica gráfica Ilustración da cabeceira da Casa da Aduana Real

Crónica Gráfica do Ministerio de Facenda (1852 - 2007)

Capítulo: "Epílogo" (texto HTML accesible)

Imaxe: Vista dos tellados de Madrid tomada dende a azotea do Ministerio de Facenda.

Narrador: Madrid, tan particular e fermosa malia os anos. Novas construcións aloumiñan os seus ceos. A Telefónica, ás miñas costas coma sempre, o Banco Español de Crédito e o Banco Bilbao, indicando solemne, o camiño cara a rúa Alcalá.

Imaxe: Vista actual do edificio da Telefónica observado dende a azotea do edificio do Ministerio de Facenda.

Imaxe: Vista actual do edificio do Banco Español de Crédito tomada a pé de rúa na mediana que hai na confluencia das rúas Alcalá e Sevilla.

Imaxe: Vista actual do edificio do Banco Bilbao na rúa Alcalá.

Narrador: E aquí segue este vello edificio de Sabatini, no mesmo lugar, albergando a facenda, lembrando vellas historias, contemplando a rapidez coa que mudan as cousas e facéndose un pouco máis maior.

Imaxe: Vista da rúa Alcalá tomada dende a mediana que hai na confluencia das rúas Alcalá e Sevilla, en dirección á Porta do Sol. Á dereita está o edificio do Ministerio de Facenda.

Imaxe: Foto antiga do edificio do Ministerio de Facenda. Pola rúa pasan coches antigos e hai moitas persoas andando pola beirarrúa.

Narrador: Antes de rematar a miña historia déixenme que me presente unha vez máis, son o Ministerio de Facenda.

Imaxe: Foto antiga do edificio de Economía e Facenda tomada a pé de rúa. Vense carros de cabalos pola rúa e persoas cruzando a rúa.

Imaxe: Sucesión de fotografías que apareceron ó longo de todos os capítulos. As fotos aparecen de lonxe e vanse achegando á cámara pasando polos lados.

-- FIN --

 Anterior vídeo