Crónica Gráfica do Ministerio de Facenda (1852 - 2007)
Capítulo: "Introdución" (texto HTML accesible)
Imaxe: Vista actual da fachada do edificio do Ministerio de Facenda. Veise pasar coches pola rúa Alcalá e xente andando pola beirarrúa.
Narrador: Nacín entre o ano 1761 e o 1769 para ser lembrado como un gran monumento, ou ó menos.. iso pensei eu.
Imaxe: Vista da lápida en pedra con letras de bronce incrustadas e inscrición latina que libremente pode traducirse como "Edificio de rendas públicas. Carlos III ordeouno e fixérono para o cobro pola exportación de mercadorías. Ano 1769".
Imaxe: Retrato de Sabatini. Litografía feita por Xoan Sierra no século XIX.
Narrador: Sabatini construíume por orde de Carlos III. Tamén fixo outras grandes obras como parte do Pazo Real, a Porta de Alcalá, San Francisco El Grande...
Imaxe: Vistas do Pazo Real, a Porta de Alcalá, San Francisco O Grande.
Narrador: Tendo en conta que a miña situación na rúa alcalá non era a máis axeitada, dicían que estaba encaixonado e que era difícil de apreciar, pódovos asegurar que quedei eclipsado e esquencéronse de min en moitos cadros da época.
Imaxe: Foto antiga do edificio do Ministerio de Facenda tomada dende un balcón dun edificio da Rúa Alcalá preto do Ministerio.
Imaxe: Foto antiga do edificio do Ministerio de Facenda tomada dende o cruce das rúas Virxe dos Perigos, Sevilla e Alcalá.
Imaxe: Lenzo pintado por Fernando Brambila cara 1830. Representa a entrada ó Real Museo de Pinturas de Madrid, actual Museo Nacional do Prado.
Imaxe: Lenzo pintado por Fernando Brambila cara 1830. Representa a Porta de San Vicente con parte do Real Pazo de Madrid.
Narrador: Na miña xuventude, fun a Sede de Aduana de Madrid e da dirección xeral de rendas. Cos anos, os meus sotos chegaron a converterse no Cuartel Xeral da Xunta de Defensa durante os dificiles anos da Guerra Civil.
Imaxe: Escea cotiá da rúa Alcalá vista cara a Praza de Cibeles, feita en Augaforte e buril. Está representado á esquerda o edificio do Ministerio de Facenda e pola rúa pasan xinetes, xente andando e carros de cabalos.
Imaxe: Vista dos sotos do edificio do Ministerio de Facenda e a exposición fotográfica sobor da historia do edifico do Ministerio de Facenda.
Narrador: Os meus salóns albergaron reunións, condecoracións, nomeamentos, vodas e moitos outros acontecementos. Si, seino, son cousas de máis para un edificio...
Imaxe: Vista xeral da Sala Carlos III e o teito da Sala Goya.
Narrador: Antes de contar a miña historia, déixenme que me presente. Son o Ministerio de Facenda.
Imaxe: Vista actual de lonxe do edificio do Ministerio de Facenda tomada na Rúa Alcalá cara a Porta do Sol.
-- Fin da introdución --
Vídeo seguinte