Crónica Gráfica do Ministerio de Facenda (1852 - 2007)
Capítulo: "Memoria cotiá da facenda pública" (texto HTML accesible)
Imaxe: Foto do ano 1965 do mostrador de atención ó público do Servizo Central de Información para Investigación para os Tributos. Hai xente agardando ser atendida e os traballadores atenden ó público.
Narrador: En todos estes anos non sabería dicir cantas persoas puideron camiñar polos meus corredores ou sentarse nos despachos, charlar na azotea... A cantidade de historias que se terán contado, os risos, e tamén as bágoas...
Imaxe: Percorrido de cámara pasando por varias salas do Ministerio de Facenda.
Imaxe: Vista actual dos tellados dos edificios do Banco Bilbao e o Banco Español de Crédito tomada dende a azotea do Ministerio.
Imaxe: Percorrido de cámara por un corredor do Ministerio. Unha porta ábrese ó paso da cámara.
Narrador: E como non, o traballo diario... Moreas de libros e papeis amontoados en mesas e en cadeiras, kilómetros de papeis que decoraban muros, portas, e fiestras, e que hoxe se gardan no arquivo do Ministerio.
Imaxe: Dúas fotos antigas de despachos do Ministerio. Vense as mesas ateigadas de cartafoles e papeis e ós traballadores sentados nas súas cadeiras traballando.
Son: Efecto sonoro de máquinas de escribir e traballo de oficinas.
Imaxe: Percorrido de cámara entre as numerosas estanterías do Arquivo do Ministerio que están ateigadas de documentos e libros.
Narrador: Foron tamén moi típicos nas miñas dependencias as condecoracións, os actos oficiais, como aquí, o presidente do consello de Ministros Primo de Rivera xunto co Ministro de Facenda.
Imaxe: Foto do ano 1927 no salón principal do Ministerio de Facenda. Vemos un grupo de persoas composto polo Xeneral Primo de Rivera, o Ministro de Facenda e delegados provinciais de Facenda.
Narrador: Cotiás foron tamén as tomas de posesións, o ministro de Facenda Espinosa San Martín dando posesión a altos cargos do departamento.
Imaxe: Foto de 1963 do Ministro de Facenda Espinosa San Martín dando posesión a altos cargos do departamento.
Narrador: O Salón Carlos III serviu de escenario para estes actos oficiais e para outros estritamente sociais como o reparto de xoguetes ós nenos do Colexio de Orfos de Facenda, ou a voda do subscretario de Facenda do 1933 Isidoro Vergara que tivo a Azaña como testemuña.
Imaxe: Foto de grupo de 1931 do Corpo de Avogados do Estado con motivo da concesión á dita corporación da medalla de ouro do traballo.
Imaxe: Foto do ano 1927 do acto de entrega de xoguetes ós nenos do Colexio de Orfos de Facenda. En primeira fila numerosas nenas cos seus vestidos e sombreiros, por detrás varias personalidades do Ministerio.
Imaxe: Foto de 1933 da voda do subsecretario de facenda Isidoro Vergara. No centro os noivos e ó seu carón numerosos familiares e amigos, entre eles está Azaña.
Narrador: Trala guerra civil do 1936 todo voltou á normalidade. Fixéronse reformas administrativas e fiscais, e coa chegada da democracia, fíxose necesaria unha modernización da Facenda Pública.
Imaxe: Foto dunha sala do Ministerio nas que se ven traballadores nas súas mesas moi afanados nas súas tarefas.
Imaxe: Foto do ano 1959 do Ministro Navarro Rubio anunciando en rolda de prensa o Plan de Estabilización.
Imaxe: Dúas fotos de principios dos 80 do vestíbulo principal do Ministerio de Facenda na exposición pública do Rexistro de Rendas e Patrimonios.
Imaxe: Foto de 1965 da central de proceso de datos do Servizo de Información para a Investigación dos Tributos.
Narrador: Buscando a eficacia e a simplificación, a información comezaría a xestionarse baixo unha nova cultura tecnolóxica baseada na mecanización dos procesos da administración.
Imaxe: Foto de 1991 da visita oficial do Príncipe de Asturias, Don Felipe de Borbón, ó Ministerio de Facenda.
Imaxe: Foto de 1965 dos ficheiros manuais do antigo rexistro de rendas e patrimonios, dependente do Servizo Central de Información para a investigación dos Tributos. A sala tén as paredes cubertas dunhas estanterías formadas por infinidade de arquivadores.
Son: Efecto sonoro de computadoras.
Imaxe: Foto de 1965 do arquivo de cintas magnéticas do Servizo Central de Información para a Investigación dos Tributos. Un traballador está collendo unha das cintas da estantería.
Imaxe: Foto de 1965 da sala de perforación de fichas para o proceso de datos no Servizo Central de Información para a Investigación dos Tributos. Vense numerosas mesas de traballo con mulleres traballando.
Imaxe: Foto de 1982 da ringleira de cidadáns agardando ser atendidos para presentar a declaración do IRPF na Caixa Xeral de Depósitos do Ministerio de Facenda.
Narrador: A Facenda Pública, tal e como se coñece hoxe é froito de todos e cada un dos Ministros que me coñeceron. Os seus retratos, inmóbiles nas miñas paredes, deixan constancia de quen foron, e en certo modo, do que son eu.
Imaxe: Percorrido de cámara polo Salón Goya.
Imaxe: Percorrido de cámara por un corredor do Ministerio. Hai cadros colgados en ámbolos dous lados do corredor con retratos dos Ministros de Facenda.
-- Fin do capítulo --