Crónica Gráfica do Ministerio de Facenda (1852 - 2007)
Capítulo: "O que pasa na rúa" (texto HTML accesible)
Narrador: A miña privilexiada situación na Rúa Alcalá permitiume ser testemuña de numerosos actos, manifestacións, e desfiles ó longo dos anos.
Imaxe: Vista actual da rúa Alcalá tomada dende o balcón principal do edificio do Ministerio de Facenda. Ó lonxe podemos ver a Casa de Correos e a Porta do Sol.
Narrador: Lembro as celebracións de noitevella, miles de persoas desfrutan preto de min cada aninovo. Esperto co cheiro a champán, confeti, e algún tunante durmindo sobor de min.
Imaxe: Percorrido de cámara a pé de rúa pola beirarrúa na rúa Alcalá en dirección á Porta do Sol. Xente paseando pola rúa pasa preto da cámara e ó fondo á dereita vemos o edificio do Ministerio de Facenda.
Imaxe: Vista da fachada do edificio do Ministerio de Facenda, o reloxio da Porta do Sol, e un detalle do reloxio do edificio do Banco Español de Crédito.
Narrador: Vivín tamén moitas procesións, como por exemplo a procesión relixiosa co motivo do Congreso Eucarístico Internacional no 1911.
Imaxe: Fotografía antiga da procesión relixiosa de 1991 con motivo do Congreso Eucarístico Internacional. Vense todos os clérigos de xeonllos percorrendo a rúa Alcalá.
Narrador: Curiosos foron os desfiles cívico-militares conmemorativos do 2 de Maio, lembro especialmente o de 1858, no que marchou persoalmente o rei consorte, Don Francisco de Asís, con uniforme de Capitán Xeneral, acompañado do Primeiro Alcalde.
Imaxe: Dúas fotos antigas do desfile cívico-militar tomadas dende o alto da Casa de Correos na Porta do Sol.
Narrador: As manifestacións populares destes últimos anos fixéronme tremer... Todo queda nun triste e profundo silencio cando fala a rúa.
Imaxe: Foto de 1997 da manifestación cidadá de repulsa polo asasinato do concelleiro de Érmua Miguel Ángel Blanco. A manifestación pola rúa Alcalá pasa á altura do edificio do Ministerio de Facenda camiño á Porta do Sol.
Imaxe: Foto na Porta do Sol da manifestación cidadá en repulsa polos atentados do 11 de Marzal do 2004. A xente ateiga toda a praza e teñen os brazos levantados. Numerosos cartaces e pancartas asoman por enriba da multitude.
Son: Efecto sonoro dunha manifestación.
Imaxe: Vista do teito do Salón Goya. Aprécianse todas as personaxes representadas vestidas con roupas tradicionais das diferentes comunidades autónomas.
Imaxe: Percorrido de cámara polo Salón Carlos III paralelo á gran mesa situada no centro.
Imaxe: Cadro pintado por Eduardo Balaca en 1877. Representa un retrato de corpo enteiro de Alfonso XII, Rei de España, con uniforme de Capitán Xeneral do Exército, portando a banda e gran cruz da Orde de Carlos III e o colar da Orde do Toisón de Ouro. Permanece de pé apoiando a súa man dereita sobor dunha mesa na que repousa o cetro e a coroa de España.
Imaxe: Cadro pintado por Manuel San Gil y Villanueva en 1878. Representa un retrato de corpo enteiro da Raiña dona María das Mercedes de Orleans e Borbón, esposa de Alfonso XII. A Raíña viste un vestido longo branco adornado con ramos de margaridas. Ostenta unha diadema de perlas e diamantes e loce a banda da Real Orde de Damas Nobres da Raíña María Luisa.
Imaxe: Percorrido de cámara a través dos corredores do soto do Ministerio de Facenda.
-- Fin do capítulo --